PARTICIPA NA SEMANA DE ACCIÓN MUNDIAL POLA EDUCACIÓN!

DO 27 DE ABRIL AO 3 DE MAIO

¡Participa en la Semana de Acción
Mundial por la Educación!

Del 5 al 10 de mayo del 2025

A Educación Transformadora para a Cidadanía Global sempre foi o principal eixe de traballo da Campaña Mundial pola Educación, ademais de ser o ámbito que marca os nosos obxectivos e estratexia como rede. É a ferramenta para construír unha cidadanía comprometida, inclusiva, activa, informada e crítica. Por outro lado, constitúe un instrumento para favorecer o cumprimento da Axenda 2030.

A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) é unha das actividades máis significativas da Campaña Mundial pola Educación, coalición internacional que defende o DEREITO Á EDUCACIÓN DE TODAS AS PERSOAS. Seguimos, como cada ano, traballando arredor do ODS 4: “Garantir unha educación inclusiva, equitativa e de calidade e promover oportunidades de aprendizaxe para toda a vida para todos e todas”. Ademais, o ODS 16 destaca a importancia de crear sociedades pacíficas e inclusivas; o ODS 11 busca cidades seguras e sostibles, o ODS 9, no seu obxectivo 9.c céntrase en aumentar o acceso á tecnoloxía da información e comunicacións; e o ODS 5 é máis necesario ca nunca debido ao acceso desigual á educación en situacións de emerxencia, especialmente para as nenas e as mulleres.

Que é a SAME?

A Semana de Acción Mundial pola Educación (SAME) é unha semana onde máis de 124 países que traballamos para garantir o ODS 4 nos mobilizamos para chamar a atención da comunidade educativa, os medios de comunicación, a sociedade en xeral e, especialmente, a dos representantes políticos, sobre a necesidade de facer real e efectivo o dereito a unha educación de calidade para todas as persoas no mundo, enmarcado na Axenda 2030.

Este ano, a SAME 2026 pon como foco principal a EDUCACIÓN DIXITAL EN CONTEXTOS DE EMERXENCIAS.

Na actualidade, máis de 75 millóns de nenas e nenos en todo o mundo viron interrompida a súa educación debido a conflitos, desastres naturais e outras crises humanitarias. Estas emerxencias non só privan a infancia do seu dereito a aprender, senón que tamén poñen en risco o seu futuro e o desenvolvemento das súas comunidades.

Porén, a educación non é só un dereito fundamental; é unha ferramenta de cambio:

– Protexe os nenos e nenas en contextos de crise, ofrecéndolles estabilidade e seguridade.

– Rompe ciclos de pobreza, abrindo oportunidades para un futuro máis xusto e equitativo.

– Constrúe sociedades máis pacíficas e resilientes, promovendo a igualdade e o respecto mutuo.

004_Educo_ES_alta
IMG_0528

UNIDADES DIDÁCTICAS 2026

Poñemos á túa disposición os seguintes materiais para sensibilizar e concienciar sobre a importancia de garantir o dereito á educación.
Clica en cada un deles para poder descargar e traballar as unidades didácticas.

Unidades didácticas 2025

Unidades didácticas 2024

¿Que é a Campaña Mundial pola Educación-CME?

A CME é unha coalición internacional que nace no ano 2000 co obxectivo de sensibilizar e mobilizar a cidadanía como voceiros e activistas do Dereito á Educación e incidir nos representantes políticos para que cumpran os seus compromisos co dereito á educación.

Está formada por ONG, sindicatos da contorna educativa, centros escolares e movementos sociais de moi diversa índole que nos mobilizamos para reclamar o cumprimento íntegro dos compromisos internacionais asinados polos Estados, para garantir o acceso a unha educación de calidade para todas as persoas. Ademais, son parte da CME once organizacións e sindicatos do ensino: Fundación Alboan, CCOO ensino, Plena Inclusión España, FERE Centros Católicos, UGT FETE Ensino, Fundación para unha Cultura de Paz, Intered, Fundación Proxecto Solidario pola Infancia, Federación de SCOUTS, Exploradores de España ASDE e Confederación Intersindical STES.

Con esta campaña buscamos coñecer, reflexionar, cuestionar e activarnos fronte a situacións de desigualdade de xénero, e darlle prioridade á educación para a cidadanía global, poñendo en valor o seu poder transformador e construtor dunha sociedade máis xusta e equitativa.